InicioOccidentalViveiroO PSdeG presentará diante da Comisión de Sanidade do Parlamento os problemas...

O PSdeG presentará diante da Comisión de Sanidade do Parlamento os problemas de atención pediátrica en Viveiro

Os socialistas da Mariña denuncian que ante esta situación os nenos están a ser derivados ao servizo de urxencias pola imposibilidade de ser vistos por un pediatra no centro de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

Os deputados Patricia Otero Rodríguez, Julio Torrado Quintela e Marina Ortega Otero, pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentarán ante a mesa do Parlamento unha pregunta para a súa resposta oral na Comisión 5ª.

O PSdeG denuncia os inaceptables problemas que dende hai tempo padece o servizo de pediatría do centro de saúde de Viveiro. “Non é un problema puntual, levan moito tempo así, con tempadas nas que hai un só pediatra no centro”.

Dende hai días a situación agravouse, xa que faltan os dous pediatras deste centro de saúde, que atende a máis de 1.600 nenos e nenas, non só de Viveiro, senón que esta carencia tamén afecta aos menores dos concellos de Ourol e O Vicedo.

Os socialistas da Mariña denuncian que ante esta situación os nenos están a ser derivados ao servizo de urxencias ante a imposibilidade de ser vistos por un pediatra no centro de Viveiro.

Apuntan tamén que son numerosas as queixas das familias pola carencia deste servizo de pediatría no centro de saúde de Viveiro, e vimos como o pasado domingo, 20 de novembro, tiña lugar unha concentración moi numerosa diante deste centro na que se lle esixía ao Sergas que o dotase de especialistas de forma estable, pedían a cobertura das dúas prazas de pediatría. Foron tantas as reclamación presentadas polos pais e nais no día de onte, que a propia Plataforma Sanitaria da Mariña esgotou os formularios de reclamacións.

Por iso, as deputadas e o deputado que asinan, formulan as seguintes preguntas:

1ª) Pensa o Goberno galego que nesta situación está garantida unha asistencia pediátrica de calidade no centro de saúde de Viveiro?

2ª) Vai a Xunta de Galicia cubrir as prazas de pediatría do centro de saúde de Viveiro? De ser o caso, en que prazo prevé que as prazas estean cubertas?

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...