InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro pide ao Concello comprar terreos do pazo de...

O PP de Viveiro pide ao Concello comprar terreos do pazo de Malates e abrir accesos para as emerxencias

O portavoz popular, Óscar Rodríguez, anunciou a presentación dunha iniciativa para que o Concello adopte as medidas precisas para solventar esta situación.

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro avisou da situación en que está o pazo de Malates polo seu abandono do seu entorno. O grupo municipal popular presentou unha iniciativa para que o Concello tome iniciativas sobre o edificio.

Desde o PP viveirense din estar “preocupados por comprobar que o goberno local non sabe como resolver o problema dun dos bloques de pisos  que hai nas inmediacións do pazo, na rúa Alonso Pérez, que non ten posibilidade de acceso para vehículos de emerxencias”.

O portavoz popular, Óscar Rodríguez, anunciou a presentación dunha iniciativa para que o Concello adopte as medidas precisas para solventar esta situación.

Os populares di que cando se construiron os dous bloques de edificios, un en primeira liña da Rúa Alonso Pérez, e outro por detrás do primeiro, “ninguén pensou en que pasaría se é necesario que cheguen a este último vehículos de emerxencias”.

Destacan que o camiño é “tan estreito que non permite o paso, por exemplo, de ambulancias ou camións de bombeiros”. Así o explica Óscar Rodríguez, que anuncia a presentación dunha iniciativa, no próximo pleno, “para que o goberno local faga as xestións necesarias para conseguir os terreos para abrir un acceso en condicións ao citado edificio, ben mediante negociación cos propietarios do terreo do pazo ben mediante expropiación“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...