InicioOccidentalXoveXove entrega composteiros á veciñanza do concello a través da Concellaría de...

Xove entrega composteiros á veciñanza do concello a través da Concellaría de Agricultura

Estas campañas de entrega de composteiros venas realizando o Concello de Xove dende 2012 en colaboración con Sogama.

Publicada o

- Advertisement -

O pasado venres 23 o Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, fixo entrega a un numeroso grupo de veciños de Xove de composteiros, que estes previamente tiñan solicitado no Departamento de Agricultura.

Deste xeito, os veciños poderán fabricar nas súas casas o seu propio compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o terreno dada a súa condición de produto natural, sen compostos químicos e libre de patóxenos; tamén actúa en moitos casos como bactericida e funxicida. Ademáis, ao ser un produto rico en nutrientes, convérsese nun excelente abono.

Con estes composteiros contribuimos á redución de tanto volume de residuos producidos, e tamén a eliminar ou, polo menos, minimizar todo o posible o uso excesivo de fertilizantes químicos. Estas campañas de entrega de composteiros venas realizando o Concello de Xove dende 2012 en colaboración con Sogama.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...