A Concellería de Cultura do Concello de Xove programou para este Nadal unha serie de actos para todos os públicos. Este martes a compañía de teatro Produccións Señor López, puxo en escena “A Viaxe do Señor López”, obra incluída dentro do Ciclo Miudos Seráns de Cultura da Deputación de Lugo.