InicioOccidentalXoveConcurso de caretas de Entroido en Xove para mozos e mozas en...

Concurso de caretas de Entroido en Xove para mozos e mozas en idade escolar

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Cultura de Xove a través da Biblioteca Municipal, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.

Poderá participar no concurso e ser beneficiario destes premios calquer neno ou rapaz empadroado no Concello de Xove en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO).

A documentación a presentar será a seguinte:

-Ficha de inscrición establecida ao efecto que deberá presentarse, xunto coa careta ou caretas a concursar, na Biblioteca Municipal, con data límite 10 de febreiro de 2023.

Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concederanse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro. Os premios deste concurso consisten en material escolar por valor de 35 € cada premio.

Os gañadores deste Concurso daranse a coñecer o sábado 18 de febreiro durante o baile de disfraces posterior ao Gran Desfile de Entroido.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...