O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de novembro do pasado ano unha nova edición do Concurso de Postais de Nadal. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e nenas e rapaces e rapazas de Xove de Primaria e de ESO, en especial aos alumnos e alumnas do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos e nenas de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Unha das postais premiadas neste Concurso vai ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Loxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Os premiados nesta edición, foron:
Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º : (Nº 40) MARÍA MOREIRA REGO.
2º : (Nº 1) ANAÏS ROMERO SUÁREZ.
3º : (Nº 21) MARÍA GARCÍA VAL.
Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º : (Nº 14) AZUCENA FERNÁNDEZ RIVEIRA.
2º : (Nº 33) ADRIÁN REGO GARCÍA.
3º : (Nº 30) LEILA ALCALDE FERNÁNDEZ.
Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º : (Nº 3) FELIPE BASANTA DOMÍNGUEZ.
2º : (Nº 6) LUKA PURRIÑOS GARCÍA.
3º : (Nº 7) NICOLÁS PURRIÑOS GARCÍA.
Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º : (Nº 8) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
2º : (Nº 29) ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ.
3º : (Nº 46) ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA.
Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º : (Nº 45) DANIEL BÉRTOLO CASABELLA.
2º : (Nº 55) CARLA CASABELLA PUÑAL.
3º : (Nº 44) ANDREA EIJO RODRÍGUEZ.