Ferido un home en Xove despois de saír da vía co seu vehículo

Ambulancia do 061 (foto de arquivo). AXM

Un home saíu ferido dun accidente ocorrido este pasado domingo no Concello de Xove. O ferido, de avanzada idade, foi trasladado ao Hospital da Costa sen presentar, en principio, lesións graves. 

O suceso ocorreu sobre as oito da tarde cando un vehículo saíu da estrada batendo contra un farol en Xove, perto da VAC Costa Norte, na vía que conduce ao lugar de Palmeiro.

O 112 Galicia recibiu o aviso do sinistro sobre a hora sinalada e até o lugar achegáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, equipos de seguridade de Xove e o GES de Cervo.

 

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here