- Advertisement -
O Centro Social de Monte organizou, coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Xove, un Campionato de Tute. Este evento, que o Centro Social leva organizando dende hai bastantes anos durante os meses de inverno (novembro, decembro, xaneiro, febreiro) rematou e procedeu á entrega de premios, na que estiveron presentes o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín.
O cadro gañador quedou así:
Campións: Xuxo e Abelardo.
Subcampións: Erique e Alier.
Terceiros: Lorena e José Aparicio.