InicioOccidentalXoveXove acolle unha palestra sobre solo pelviano e as doenzas que o...

Xove acolle unha palestra sobre solo pelviano e as doenzas que o afectan

A charla está aberta a todo o mundo en xeral que esté interesado neste tema.

Publicada o

- Advertisement -

A palestra vaise desenvolver o venres 24 de marzo as 19.30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. A charla vaina impartir María González Cociña.

María González Cociña, matrona burelense, formada en Barcelona no ano 2014. Acompaña ás mulleres ao longo da súa vida, dende a adolescencia á menopausia e é unha gran apaixonada so seu traballo.

Está formada en solo pelviano e coa súa charla pretende transmitir a importancia do coidado do mesmo, no día a día, para evitar e mellorar posibles molestias do presente ou do futuro, mellorando moito a calidade de vida.

Ela transmite que, ter perdas de ouriña, dor nas relacións sexuais ou infeccións recurrentes non é normal e ten solución. A charla está aberta a todo o mundo en xeral que esté interesado neste tema.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...