O municipio lucense de Ribadeo despide na tarde deste luns cun funeral conxunto ao catro novos falecidos no accidente de tráfico ocorrido en Xove o pasado sábado. O funeral será ás 17,00 horas na Igrexa parroquial de Santa María del Campo, en Ribadeo, e estará oficiado polo bispo de Mondoñedo, Fernando García.
A localidade da Mariña vive este luns o seu terceiro e último día de loito oficial, declarado o sábado polo Concello para expresar a súa “solidariedade, condolencia e apoio” ás familias e achegados das vítimas, todas elas naturais de Ribadeo.
Mentres, o condutor do vehículo permanece en estado grave na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo. Segundo fontes consultadas por Europa Press, o outro novo que resultou ferido, e que foi trasladado ao hospital comarcal da Mariña, xa foi dado de alta.