InicioOccidentalXovePilar Vázquez encabezará a candidatura do BNG en Xove, sendo a primeira...

Pilar Vázquez encabezará a candidatura do BNG en Xove, sendo a primeira muller que se presenta pola formación nacionalista

Pilar Vázquez, administrativa e veciña da parroquia de Portocelo que vive actualmente en Xove. Vice-responsable comarcal do BNG na Mariña e activa na asamblea local dende hai varios anos.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG vén de anunciar unha nova cabeza de lista, que é a candidata de Xove, Pilar Vázquez. A formación nacionalista continúa traballando para levar a todos os concellos o proxecto BNG, un modelo de éxito, de bo traballo, de transformación e de cambio como se está a ver alí donde o BNG tén responsabilidades de goberno. Pilar Vázquez Sánchez, candidata á alcaldía en Xove e primeira muller en facelo na formación nacionalista local

Pilar Vázquez Sánchez, administrativa e veciña da parroquia de Portocelo que vive actualmente en Xove. Vice-responsable comarcal do BNG na Mariña e activa na asamblea local dende hai varios anos. Preséntase a estas eleccións con ilusión e con confianza no novo proxecto que presentarán ao longo destas semanas os nacionalistas en Xove. “Somos unha alternativa seria para un concello que leva paralizado case 16 anos. É precisamente esa parálise a que supón que cada vez máis xente nova coma min sinta a necesidade de implicarse na política municipal pois, levamos prácticamente máis da metade da nosa vida vendo como este concello non só non medra, se non que non se actualiza aos tempos nos que vivimos” afirma Pilar Vázquez que, á vez, anuncia que o resto da candidatura será presentada nun acto que terá lugar nas vindeiras semanas.

“Como é habitual nesta asemblea local, facer as listas é cada vez máis complexo dada a cantidade de xente que se suma a este proxecto. Un proxecto que presenta unha alternativa de goberno renovada e á vez con experiencia, que pensa por e para a veciñanza, que quere ao país e aposta polo futuro e polo bo facer na política”. Afirma tamén que o ata agora voceiro municipal, Xosé López Hermida, irá tamén no primeiro tramo da lista e que, polo tanto, continuará no proxecto nacionalista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...