Os escolares de Viveiro gozaron durante a mañá do xoves do programa ‘Música e Memes’

O acto tivo lugar no Teatro Pastor Díaz e busca achegar a música clásica aos máis novos.


O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acolleu esta mañá o programa “Música e Memes” organizado pola Deputación de Lugo. O seu obxectivo é achegar á mocidade a música clásica dun xeito atractivo e ameno, expresando o sentido musical das pezas a través de memes de Internet.

A alcaldesa de Viveiro e tamén deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, e o deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto a un centenar de alumnos e alumnas de secundaria da vila desfrutaron da actuación do Trío K. 498 Kegelstatt para clarinete, viola e piano, de W.A. Mozart.

A participación de Viveiro neste programa é unha grande oportunidade para a nosa rapazada de poder desfrutar da música dun xeito ameno, nunha linguaxe que eles entenden perfectamente, e que sen dúbida lles servirá para por en valor aos clásicos”, aplaude María Loureiro.

A ferrolá Sofía Oriana Infante é a compositora da peza pensada para este proxecto que inclúe unha última parte do espectáculo titulada ‘Un memento, morí’ onde se mestura a cultura actual cos prexuízos sobre a música clásica.

Este é o segundo concerto dunha iniciativa que xa pasou por Monterroso e que, nos vindeiros días, visitará Burela, A Fonsagrada, Becerreá e Vilalba.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here