InicioEconomíaIndustrias Xove retira o ERE presentado para o despido duns 30 traballadores

Industrias Xove retira o ERE presentado para o despido duns 30 traballadores

A UXT acorda coa empresa suspender o procedemento de despedimento colectivo a fin de recolocar os obreiros nas novas concesionarias dos servizos de limpeza e obra civil en Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

Industrias Xove e maila UXT chegaron a un acordo para que a empresa retire o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola firma, que supuña prescindir duns 30 traballadores, un tercio do cadro de persoal desta auxiliar de Alcoa San Cibrao.

A empresa, filial do grupo Noguera, espuxera a súa intención de iniciar un procedemento de despido colectivo ao non renovárselle os contratos de adxudicación das tarefas de limpeza ou de obra civil na fábrica cervense.

Os operarios desta firma tamén se encargan da construción de muros refractarios, cun contrato que expira o 31 de xaneiro.

Segundo explica Luís Cardoso, sindicalista da UXT, o sindicato maioritario -cun 99% da representación- consideraba “moi precipitado” o ERE e reclamaba que Alcoa instase ás empresas adxudicatarias dos servizos que perdeu Industrias Xove a contratar aos traballadores que ían ser cesados, os encargados de realizar estes traballos.

Así, os servizos xurídicos da empresa e os dos sindicatos chegaron a un acordo para suspender o ERE, ante a posibilidade de que os obreiros podan ser subrogados polas novas concesionarias dos contratos.

“VANTAXOSO PARA TODOS”

“Aquí non se trataba de que os obreiros non mantiveran un nivel de produtividade. Estes empregados ofrecen experiencia e seguridade nas súas tarefas. Sería vantaxoso para todos que as empresas concesionarias os recollesen e conservasen os postos de traballo”, expón Cardoso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...