InicioSucesosSae da UCI o mozo que conducía o coche no que morreron...

Sae da UCI o mozo que conducía o coche no que morreron catro persoas no accidente de Xove

Publicada o

- Advertisement -

O condutor do vehículo que saíu da vía e caeu por un terraplén en Xove  o pasado 1 de abril, nun accidente no que faleceron catro mozos, saíu da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e atópase en planta do Hospital Lucus Augusti un mes e medio despois.

No accidente faleceron catro persoas que viaxaban no vehículo xunto ao condutor, que ingresou na UCI, e unha sexta persoa que saíu polo seu propio pé e que foi atendido horas máis tarde nun centro sanitario e do que foi dado de alta ás poucas horas.

Tras o sinistro, o Xulgado de instrución número 2 de Viveiro, en funcións de garda, abriu dilixencias sobre o sinistro e autorizou a remisión de mostras de sangue a un laboratorio, que arroxaron un resultado positivo de alcol no condutor. O xulgado no seu día informou de que estaba á espera da saída da UCI para tomarlle declaración ao condutor, unha dilixencia da que por agora non transcendeu máis información.

O accidente produciuse o 1 de abril no quilómetro 1.100 da LUP-2604 nunha curva pronunciada na Rigueira, nas proximidades da urbanización Palmeiro, en Xove, e foi localizado por un veciño ás 9,40 horas do sábado, pero estímase que ocorreu varias horas antes. No asfalto non quedaron sinais de freada do vehículo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...