InicioOccidentalXoveXove recupera a Romaría do Santo Antonio da Rigueira de Interese Turístico...

Xove recupera a Romaría do Santo Antonio da Rigueira de Interese Turístico de Galicia

Ata o próximo 12 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría poderán anotarse no Concello de Xove, para obteren a Ventura e a flor do San Antonio cando conclúan o camiño.

Publicada o

- Advertisement -

Dende o departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organízase outro ano máis a Recuperación da Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira, o próximo 13 de xuño. Este ano é unha edición especial xa que o Consello de Turismo acaba de declarala Festa de Interese Turístico de Galicia, sendo a primeira distinción deste tipo para o municipio de Xove.

Ata o próximo 12 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría poderán anotarse no Concello de Xove, para obteren a Ventura e a flor do San Antonio cando conclúan o camiño. Para anotarse poden chamar ao teléfono: 982592001 ou escribir un correo electrónico a: lucia@xove.es.

Como cada ano, os romeiros irán identificados cun carné de romaxe que poderán recoller no Concello antes da romaría, e irán selándoo nos puntos habilitados ata chegaren á igrexa.

No traballo de investigación para a recuperación da romaría identificáronse ata oito rutas para chegar á igrexa, que a romaxe seguía dependendo da súa procedencia. As rutas están sinalizadas con frechas e con paneis informativos ao inicio de cada unha delas, e a súa elección depende de cada romeiro. Aínda que a maioría prefiren saír do centro de Xove sobre as 10:00 ou 10:30 da mañá, para chegaren á primeira misa dos romeiros ás 13:00h. Este ano ademais, a Comisión de Festas organiza un Xantar Popular composto por: langostinos, churrasco, chourizo, tarta xeada e café, por 28 €, para o que haberá que anotarse antes do 10 de xuño.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...