InicioOccidentalXoveExposición de rúa "Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA" en Xove

Exposición de rúa “Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA” en Xove

É unha proposta que amosa pezas das Coleccións de Arte Afundación e ABANCA que convidan a viaxar, ben por Galicia, ben arredor do mundo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove, ABANCA e Afundación presentarán mañá mércores 14 de xuño, ás 12.00 h na praza anexa ao Centro Cívico de Xove, a exposición de rúa «Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA». Asistirán o alcalde do Concello de Xove, José Demetrio Salgueiro; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; o director da oficina de ABANCA en Xove, Fabián Rodríguez; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.

«Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA» estará na rúa de Xove ata o vindeiro 9 de xullo. É unha proposta que amosa pezas das Coleccións de Arte Afundación e ABANCA que convidan a viaxar, ben por Galicia, ben arredor do mundo. A cronoloxía das pezas vai desde finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas. O concepto do proxecto é a viaxe, que sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumbos para a produción artística.

Evento

Inauguración da exposición de rúa «Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA» en Xove

Lugar

Praza anexa ao Centro Cívico de Xove (rúa Camiño Real, s/n)

Data e hora

Mércores 14 de xuño, ás 12.00 h

Asistentes

José Demetrio Salgueiro Rapa, alcalde do Concello de Xove

Óscar Rodríguez Rodríguez, coordinador institucional de ABANCA en Lugo

Fabián Rodríguez, director da oficina de ABANCA en Xove

Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...