O Alcalde de Xove xunto coa Concelleira de Cultura e os membros da Comisión de Festas presentaron o programa de actividades das Festas Patronais do San Bartolo 2023.
Entre as diferentes actividades destacan a proxección do filme ‘O Que Arde’ para o día 16 de agosto, a actuación do Mago Paco o día 17 co espectáculo ‘Hocus Poucos’ e ese mesmo día ás 20:30 lerase o pregón a cargo de Chema González Barcia, quen foi mestre e director do colexio público de Xove.
O día 19 será o momento da Scape Room ‘La Maldición Pirata’ pola mañá e logo, pola tarde, ás 20:00 celebrarase a sardiñada popular. Por último, o día 21 as festas na honra de San Bartolo pecharán cunha xornada infantil con inchables.