InicioSucesosComisan máis de 40 quilos de lagostino nunha furgoneta interceptada na N-642

Comisan máis de 40 quilos de lagostino nunha furgoneta interceptada na N-642

O condutor indicou que as capturas procedían dun buque pesqueiro que descargara en Avilés, pero non se puido demostrar.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil interveu máis de 40 quilos de lagostino nunha furgoneta no marco dun control establecido por axentes de Xove e Ribadeo na estrada N-642. O operativo realizouse o pasado venres sobre as 20.50 horas. Tal e como trasladou o Instituto Armado, o control estableceuse no punto quilométrico 40,8 desta vía no marco dun operativo de control de produtos alimentarios ou mercadorías perecedoiras.

Alí, deron o alto a unha furgoneta na que viaxaban nove persoas e, ao verificar a carga do vehículo, comprobaron que portaba seis envases de plástico sen etiquetar en cuxo interior había lagostinos. Ao solicitar a documentación, o condutor indicou que as capturas procedían dun buque pesqueiro que descargara en Avilés (Asturias). Unha vez comprobada a notificación previa do desembarque, constaban un total de 13,15 quilos de lagostino.

Por iso, trasladouse a mercadoría á lonxa de Burela, onde unha vez pesada arroxou un total de 41 quilos. Así, “ante a carencia de calquera indicio de rastrexabilidade”, procedeuse ao comiso da totalidade da mercadoría transportada, que quedou depositada nunha cámara de fresco para a súa posterior entrega a un centro benéfico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...