InicioEconomíaA Xunta prevé adxudicar a final de ano a redacción do proxecto...

A Xunta prevé adxudicar a final de ano a redacción do proxecto para ampliar o parque industrial de Camba

Pretende así liquidar os problemas de espazo que presenta este polígono construído hai máis de 20 anos.

Publicada o

- Advertisement -

Xunta prevé adxudicar antes de terminar o ano a redacción do proxecto para ampliar en 56.000 metros cadrados o parque industrial de Camba, no municipio lugués de Xove. Este luns, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo un encontro con empresarios do concello da comarca da Mariña para analizar a situación do proxecto que pretende liquidar os problemas de espazo que presenta este polígono construído hai máis de 20 anos.

A iniciativa conta cun orzamento de 4,24 millóns de euros a través da empresa pública Xestur e planea incrementar en 56.000 metros cadrado o espazo do parque, onde tamén se remodelarán os accesos e outros servizos. Durante o encontro, segundo recolle un comunicado da Xunta, a vicepresidenta segunda remarcou que a comarca mariñá presenta “pouco chan dispoñible” para iniciativas empresariais. Alí, convidou aos empresarios da zona a achegar suxestións para a súa posible incorporación ao proxecto, tramitado ao amparo da lei de áres empresariais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...