InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo fai unha valoración positiva da primeira visita do...

O alcalde de Ribadeo fai unha valoración positiva da primeira visita do conselleiro de Mar á vila

O alcalde Daniel Vega declara que “desde o Concello facemos unha valoración positiva da primeira visita que fixo o conselleiro do Mar a Ribadeo. Estivo no centro de cultivos mariños, un centro de investigación clave para o sector e de inmensa importancia para Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, fai unha valoración positiva da primeira visita cursada a Ribadeo polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

O rexedor manifestou: “desde o Concello facemos unha valoración positiva da primeira visita que fixo o conselleiro do Mar a Ribadeo. Estivo no centro de cultivos mariños, un centro de investigación clave para o sector e de inmensa importancia para Ribadeo”.

Vega subliñou que “este centro é referencia en Galicia, pero tamén no conxunto do mapa español, polo que debemos poñer en valor un centro de investigación que significa moito para o sector. Desde o Concello imos seguir colaborando, xa temos proxectos, imos reunirnos co centro de investigacións e creo que debemos traballar conxuntamente no tocante ao relevo xeracional e en garantir formación para o sector”.

O alcalde avogou pola colaboración mutua entre administracións: “debemos darlle as grazas á Consellería do Mar por esta colaboración mutua e permanente. Desde o Concello xa tivemos unha breve reunión co conselleiro e dixémoslle que detectamos certas inversións que son fundamentais no porto e a gran inversión que é o dragado da ría. Ese dragado afecta á zona portuaria deportiva, ao sector pesqueiro e é fundamental para a empresa do porto de Mirasol”.

Daniel Vega considera que “seguiremos nesa colaboración permanente. Nos sempre o dixemos que o Concello debe estar en permanente xestión, abrir ás portas á inversión e esa colaboración coas distintas administracións”.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...