InicioOccidentalXoveFesta do Ramo no Alto do Cruceiro en Xove para esta fin...

Festa do Ramo no Alto do Cruceiro en Xove para esta fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

A festa está organizada pola Asociación Cultural e de Festexos “Alto do Cruceiro”, da cal formamos parte, organizando por décimosexto ano consecutivo a Festa do Ramo, a cal terá lugar o venres 6, sábado 7 e domingo 8 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 13 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no campo da festa “Onofre Louzao”, un recinto inaugurado no ano 2014 en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido nese mesmo ano. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.

   En canto ao amplo programa de actividades, destaca a celebración da Festa dos Callos, na súa décimoquinta edición, e que terá lugar o venres 6 de outubro a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos é a seguinte: os participantes, polo módico prezo de 7 €uros, van poder degustar unha abundante ración de callos, pan e viño. En total contaremos con máis de 1000 racións, as cales esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 7 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra Marbella e a Disco Móvil Conxuro.

   En canto ao programa de actividades previsto para o sábado 7 de outubro, temos:

– ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.

       – ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do Grupo Galia.

       -ás 22:30 horas: Verbena co Grupo GALIA e a Disco Móvil Conxuro.

Para rematar a festa, o domingo 8 de outubro, teremos:

  • 13:00 horas: Sesión Vermú prolongada co Dúo D’Caché..

        Para rematar, a Comisión quere darlle as grazas a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas Festas: Concello de Xove, comercios da zona e un especial agradecemento para os nosos veciños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...