- Advertisement -
A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para este luns 16 de outubro , a terceira e última actuación dentro do Programa ‘Ler conta moito 2023’, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
O grupo Teatro Ghazafelhos coa obra “Lúa” foi o encargado da actuación de hoxe, actuación na que participaron uns 140 nenos do CEIP Pedro Caselles Rollán. A actuación desenvolveuse no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 10:30 h.