Este sábado 4 de novembro, ás 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo Teatro Baixo a Area vai por en escena a obra “Poeta en Nova York”. Trátase dunha adaptación teatral da celebérrima obra de F. García Lorca. Esta actuación pertence ao Circuito de Teatro Profesional 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do noso Concello. Entrada libre e para todos os públicos.
A OBRA
Teatro baixo da area presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade.
Viaxaremos con Lorca por un Nova York nada lonxano aos temas actuais da nosa sociedade, vinculándoos coa nosa realidade actual e recollendo a súa labor de denuncia dende o noso compromiso social. Lorca quere espertar a unha parte enferma da sociedade que non quere saber. Detecta o shock dunha conciencia sobreestimulada, a negación de todo estado contemplativo, a melancolía e a soidade do individuo nun centro de lóxica da carencia na que se funda o capitalismo.