Onte, xoves 9 de novembro, os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove desprazáronse, xunto coas súas titoras, ata Praia de Lago onde se adicaron a recoller os restos do navío encallado hai uns días na Praia. Recolleron os restos máis pequenos, metéronos en sacos e depositáronos fóra do areal co fin de levalos ao punto limpo. Dende o Concello queremos agradecerlle a todos os alumnos e titores o traballo realizado nesta xornada medioambiental, xornada práctica que permiteu recoller un importante cantidade de residuos e que sirveu tamén como lección educativa a todos os participantes da importancia de cuidar o noso medioambiente.
Con posterioridade, operarios municipais e de Urbaser procederon a retirar os restos máis grandes e soterrados da embarcación. Previamente, o Concello solicitara a Costas autorización para sacar estes restos da Praia, os cales finalmente foron depositados nun camión de Urbaser para seren posteriormente reciclados. Deste xeito, a Praia quedou totamente libre e practicable.