InicioOccidentalXoveXove realizará unha serie de actos polo 25N Día da Eliminación da...

Xove realizará unha serie de actos polo 25N Día da Eliminación da Violencia contra a Muller

Dende o departamento de Muller e Igualdade, pertencente á delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Xuventude, Muller e políticas de Igualdade do Concello de Xove organízase durante esta semana unha serie de actos en conmemoración do 25N.

Publicada o

- Advertisement -

O xoves, 23 de novembro ás 11:30h. No Salón de Actos do Centro Cívico, representación da Obra Teatral da compañía galega Chévere: As Fillas Bravas de Momán: un recital teatralizado representado que actualiza a vixencia dos valores da cultura tradicional. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.

A idea é achegarse a algunhas zonas nas que intuímos que a muller gozou de autonomía, extraendo textos do cancioneiro que poidan alumear xestos de rebeldía e autoafirmación. Cuestionar esoutro estereotipo que caracteriza á sociedade galega rural como conservadora, atrasada, inmobilizada, submisa, que reduce ás mulleres ao ámbito privado da familia. A peza teatral estará interpretada polas actrices: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.

-O venres, 24 de novembro: terá lugar a iluminación da fachada do Concello de cor morada, e a colocación dun gran lazo da mesma cor, que permanecerán durante toda a fin de semana decorando a Casa Consistorial, en firme apoio á eliminación desta praga que representa a violencia contra as mulleres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...