InicioOccidentalXoveComezan en Xove os actos en conmemoración do 25-N

Comezan en Xove os actos en conmemoración do 25-N

Publicada o

- Advertisement -

Este 23 de novembro deron comezo en Xove os actos conmemorativos do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, coa representación do recital teatralizado: “As Fillas Bravas de Momán”, do grupo Chévere.

Á representación acudiron máis dun cento de persoas: todo o alumnado da ESO do IES Illa de Sarón de Xove, persoal e usuarios da Residencia para Persoas Maiores San Bartolomé de Xove, e persoal e usuarios do Centro de Día Coidando de Vós, de Burela, ademais de outro público en xeral.

A obra está representada polas actrices Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar, quen durante aproximadamente unha hora repasaron cantigas e coplas tradicionais cos lentes da perspectiva de xénero, reivindicando o papel das mulleres nas sociedades de antes e de agora, e promovendo unha visión crítica do machismo transmitido de xeración en xeración a través do cancioneiro popular e, polo tanto, da cultura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...