- Advertisement -
Despois da magnífica actuación, segunda do Teatro Aspanane na Programación deste Nadal en Xove, da cal adxunto algunhas fotografías, a programación de Nadal do Concello continúa mañá co tradicional concerto de Nadal, no que van participar alumnos/as da Escola Municipal de Música e a Orquestra Clásica de Xove. Esta actuación vaise desenvolver ás 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico.