- Advertisement -
O Concello de Xove continúa coa súa programación de Nadal. Desta volta será a obra en teatro de sombras, ‘Años Luz’, unha peza “pouco vista por estes lares”. Esta obra será acompañada por música en directo a cargo da ‘Compañía Luz, Micro y Punto’, a mesma que vai poñer en escena a obra ‘Años Luz’. Será o xoves 28 de decembro no Centro Cívico a partires das 19:00 horas.
Por outra parte, este pasado mércores Xove contou co tradicional concerto de Nadal, no que participou alumnado da Escola Municipal de Música e a Orquestra Clásica de Xove.