InicioOccidentalViveiroEntrega de regalos polo Nadal de Viaqua ao Concello de Viveiro

Entrega de regalos polo Nadal de Viaqua ao Concello de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A empresa concesionaria do servizo de auga municipal, Viaqua, entregou hoxe un lote de xoguetes ao Concello de Viveiro, como vén realizando ao longo dos últimos anos durante o Nadal.


Nesta ocasión, xunto aos representantes da empresa, na recepción dos xoguetes estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez.
“Un ano máis trasladamos o noso agradecemento a Viaqua, pola doazón destes xoguetes e o seu compromiso coa veciñanza da vila”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“Esta doazón axudará a manter a ilusión e maxia dunha época do ano tan especial para todos, sobre todo para os máis pequenos”, engadiu a tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez.


Os xoguetes doados por Viaqua serán entregados aos nenos e nenas que forman parte dos diferentes programas de atención que se levan a cabo ao longo do ano dende os Servizos Sociais do Concello de Viveiro e que atenden as necesidades económicas, de educación, lecer e dan apoio psicopedagóxico ás familias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...