Xove dá a coñecer o seu programa completo de accións para o Entroido 2024.
Venres 9 de febreiro, previo ao gran Desfile, no Pavillón Municipal a partires das 18:00 h BAILE INFANTIL DE DISFRACES, amenizado pola DISCO MÓBIL CONXURO.
O sábado 10 de febreiro desenvolveranse as actividades centrais do Entroido, co seguinte programa:
-17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do entorno do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile e ao remate do mesmo contarase coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.
-Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, festa no Pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa rachada, que vai ser tamén un baile de disfraces, vai ser amenizada primeiro pola DISCO MÓBIL CONXURO; nun intermedio desta actuación imos entregar os premios infantís do Desfile. Despois da Disco Móbil haberá a actuación do GRUPO FÉNIX, e no intermedio da mesma farase entrega dos restantes premios (categorías adultos) do Desfile. A festa continuará no Pavillón ata altas horas da madrugada coa Disco Móbil Conxuro.
Moitas persoas nos preguntaron como imos entregar os premios. É importante sinalar que os premios VANSE ENTREGAR EN METÁLICO, ao remate do Gran desfile, os infantís nun intermedio da Disco Móbil Conxuro e o resto nun intermedio da actuación do Grupo Fénix, tal como apuntamos antes.
Inscrición. A mesma hai que realizala en:
-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 9 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
-O mesmo día do desfile (10 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 10 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
Segundo as Bases O GRAN DESFILE DE XOVE vai repartir 4.910 euros en premios, recollidos nas seguintes categorías:
PREMIOS EN METÁLICO QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
PREMIOS | ||||
CARROZAS | COMPARSAS E GRUPOS DE 10 OU MÁIS PERSONAS | GRUPOS DE ADULTOS DE 3 A 9 PERSOAS | PARELLAS ADULTOS | INDIVIDUAIS ADULTOS(de 14 anos en diante) |
1º – 500 E 2º – 350 E 3º – 250 E 4º – 250 E 5º – 200 E 6º – 200 E | 1º – 300 E 2º – 250 E 3º – 200 E 4º – 200 E 5º – 150 E 6º – 150 E | 1º – 130 E 2º – 100 E 3º – 70 E 4º – 70 E 5º – 60 E 6º – 60 E | 1º – 70 E 2º – 60 E 3º – 50 E 4º – 50 E | 1º – 60 E 2º – 50 E 3º – 40 E 4º – 40 E |
-Premio ao disfraz máis orixinal (pode ser tanto individual como colectivo): 30 E. -Premio ao conxunto máis numeroso: 30 E. -Premio ao participante máis maior: 30 E. -O participante máis novo recibirá un agasallo. | GRUPOS INFANTÍS DE 3 A 9 PERSOAS | PARELLAS INFANTÍS | INDIVIDUAIS IFANTÍS (menores de 14 anos) | |
1º – 130 E 2º – 100 E 3º – 70 E 4º – 70 E 5º – 60 E 6º – 60 E | 1º – 70 E 2º – 60 E 3º – 50 E 4º – 50 E | 1º – 60 E 2º – 50 E 3º – 40 E 4º – 40 E |
As Bases do Concurso poden verse en: www.xove.es