Traballadores dos centros de saúde de Xove, San Cibrao, Burela, Viveiro ou Foz protagonizaron o pasado martes un novo parón de cinco minutos. Os empregados estiveron acompañados por veciños e cargos públicos en boa parte das localidades.
O persoal de centros de Saúde e Puntos de Atención Continuada (PAC) ve imprescindible “incrementar o orzamento de atención primaria, aumentar e recuperar o persoal recortado en centros de saúde, pediatría e PAC, acabar coa precariedade e inestabilidade laboral que obriga aos profesionais para emigrar fóra de Galicia“.
PLAN DE MELLORA
Os profesionais instan a “planificar novas prazas de formación MIR en Medicina Familiar e Comunitaria, e sobre todo renegociar un novo plan de mellora de atención primaria que poña as bases para poñer o nivel no centro do sistema”.