IniciosociedadeA Festa do Percebe ofrece visitas guiadas á Illa Ansarón

A Festa do Percebe ofrece visitas guiadas á Illa Ansarón

O evento, que será o 14 de xullo, inclúe outras actividades paralelas, como obradoiros para nenos

Publicada o

- Advertisement -

A Festa do Percebe de Xove, que a asociación A Medorra impulsará o 14 de xullo, inclúe actividades paralelas como visitas guiadas á illa Ansarón ou obradoiros para nenos

A degustación gastronómica comezará ás 12.00 horas na Praza do Concello xovense. A ración terá un prezo de 14 euros e os asistentes tamén poderán probar empanadas de zamburiñas, berberechos, polbo ou bonito, cun custo de tres euros por unidade. A charanga Os Charangos e unha discoteca móbil porán ritmo á comida. 

os interesados deben facer a súa reserva, pois a iniciativa ten límite de prazas

A organización dispuxo visitas guiadas á illa de Ansarón. Están previstas para o sábado 14 a partir das 16.00 horas, para e o domingo 15 desde as 10.00. Os interesados en participar deben facer unha reserva previa na web mirandoaomar.xove.es. O número de prazas é limitado. 

Os participantes, acompañados por un educador ambiental, coñecerán a biodiversidade e o ecosistema da zona nunha actividade que se engloba no proxecto ‘Construír o Futuro de Xove Mirando ao Mar’. O Concello, A Medorra, a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do municipio (ACIAM) e o Galp A Mariña Ortegal impulsan a iniciativa, que pretende dar a coñecer especies como o percebe ou o polbo da pedra.

PEQUENOS

Tamén haberá actividades dirixidas aos máis pequenos. O sábado, a partir das 15.30 horas no salón de actos do Concello, os nenos poderán desfrutar de obradoiros cos que coñecerán o percebe e o seu hábitat. Ademais, a sala de exposicións do consistorio acollerá unha mostra con paneis didácticos sobre o polbo e o percebe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...