A Garda Civil axuda no parto dun tenreiro en Xove

Segundo informou o Instituto Armado, a situación derivada do estado de alarma atrasaba o tempo de resposta do veterinario

O tenreiro. AXM

A Garda Civil axudou o pasado día 9 de abril, no termo municipal de Xove, na Mariña Lucense, a auxiliar a uns ganaderos que trataban de axudar a unha vaca a dar a luz un tenreiro.

Segundo informou o Instituto Armado a través dun comunicado, o suceso aconteceu ás 20.45 horas do pasado xoves.

Momento do parto. AXM

A situación derivada do estado de alarma atrasaba o tempo de resposta do veterinario que debería acudir na axuda dos gandeiros, expuxo a Benemérita na nota, e resultaba preciso actuar de xeito urxente. O animal deu a luz a un xato en perfectas condicións coa axuda dos axentes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here