Xove presume de xuvenís de Primeira

O SD Xove FS ascende á Liga Galega.

Integrantes do SD Xove FC recibidos polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro / remitida

O equipo xuvenil da SD XOVE FS acadou o campionato da Primeira Galicia Juvenil e tamén ascendeu á Liga Galega. Unha gran temporada que non quixo pasar por alto o alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, que felicitou aos xogadores, técnicos e directivos do clube.

O equipo conseguíu o ascenso á liga autonómica ó quedar na primeira posición do seu grupo e o título de campión ó imporse na final en Naron ó Emdem Futsal de A Coruña.

“Dende o clube, dar as grazas como seempre ao Concello de Xove polo seu apoio, sen o cal todos estos éxitos non serían posibles. Intentaremos formar un bon equipo  para poder competir na categoría autonómica que será todo un reto para o clube e para os nosos xogadores”, apuntan nun comunicado desde o clube.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here