InicioOccidentalXoveAberto en Xove o prazo para participar no concurso de postais de...

Aberto en Xove o prazo para participar no concurso de postais de Nadal

Cada concursante pode presentar un ou máis traballos a este Concurso, co cal terá máis opcións de gañar algún dos premios, iso sí, ningún concursante pode gañar máis dun premio.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai uns días unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e nenas e rapaces e rapazas de Xove, en especial aos alumnos e alumnas do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Segundo idade, hai cinco categorías: Preescolar (nenos e nenas de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concédense tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio; ademáis, unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello como felicitación das festas de Nadal 2022/2023

Cada concursante pode presentar un ou máis traballos a este Concurso, co cal terá máis opcións de gañar algún dos premios, iso sí, ningún concursante pode gañar máis dun premio. Loxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

As postais deberán estar relacionadas con motivos navideños.

Realizaranse en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño de unha cuartilla (medio folio). A técnica a empregar será libre: debuxo a lapis, rotuladores, ceras, collage, etc. A postal non incluirá ningún dato persoal da persoa concursante.

A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa postal a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 13 (incluído) de decembro de 2021.

CONTACTO:

DOLORES METÍN, CONCELLEIRA CULTURA

TFNO: (690 650 631) E (982592001 EXT: 217)

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...