Xove programa unha serie de actividades para o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Desde o Concello confirman os horarios definitivos para dúas das actividades previstas para ese día.
Así pois, queda confirmado o horario da presentación do Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero do Concello de Xove. Xunto a este acto farase a Presentación do Calendario 2022 pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero. Será o xoves 25 de novembro ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
A segunda actividade programada é a entrega de Premios para o 1º Concurso Tiktok pola Igualdade e contra a Violencia de Xérnero. Sábado, 27 de novembro ás 12:00 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove.