InicioOccidentalXoveXove celebra este venres a III Gala do Emprendemento Local

Xove celebra este venres a III Gala do Emprendemento Local

A gala terá lugra no Salón de Actos municipal ás 20:30 o 17 de decembro. Para asistir á a este evento, poderase facer a reserva no 982592001, tamén se reservará un mínimo do 10% das prazas para asignar no momento do evento por orde de entrada.

Publicada o

- Advertisement -

Este venres 17 de decembro celébrase a III Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local, no Salón de Actos municipal ás 20:30 o alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa presentará a GALA na que intervirán Lucía Canoura de O LUGAR DAS MARÍAS e Alberto García de SIGNO GRUPO FUTURES.

Acompañaranos a cantautora Ugía (A Pedreira) que, ademais de cantar a canción TRISTRÁS, que a fixo televisivamente coñecida a cantora Sabela en OT, interpretará novas de recente composición. A artista focense afincada actualmente en Asturias está a piques de editar o seu novo álbum despois de 7 anos apartada do circuíto convencional da música. Chámase Segmento Cantábrico e é unha oda aos pobos, ou ás casas que a acollen nestes anos atrás: A Mariña, Asturias, Eskadi e a Bretagne (Francia)

Para asistir á a este evento, poderase facer a reserva no 982592001, tamén se reservará un mínimo do 10% das prazas para asignar no momento do evento por orde de entrada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...