O Concello de Xove pon en marcha a XXXIII Tirada de Bolos Concello de Xove a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán. As dúas institucións organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos para o alumnado do colexio.
Polas Xornadas deste ano pasaron 16 alumnos/as de 5º de Primaria o martes 14 de decembro e 18 alumnos/as de 3º de Primaria e 23 de 4º o mércores 15. Quedan por participar os alumnos/as de 6º curso, que o farán nunha xornada por determinar en xaneiro do 2022.
As xornadas teñen unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
O obxectivo destas Xornadas, ademais da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 21 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.
Loxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles. Estas Xornadas, que como dixemos, véñense celebrando dende hai varios anos, contan coa colaboración do Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles, neste caso co profesor Jacobo Vare