InicioOccidentalCervoA patronal luguesa demanda un plan de reindustrialización para a comarca da...

A patronal luguesa demanda un plan de reindustrialización para a comarca da Mariña

Pide tanto á Xunta como ao Goberno central abordar a problemática.

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) reclamou a articulación dun plan de “reindustrialización” para a comarca da Mariña ante a crise aberta pola situación na planta de Alcoa en San Cibrao ou o peche da factoría de Vestas en Viveiro.

O secretario xeral da CEL, Jaime López, apelou ás administracións a impulsar “unha aposta decidida pola reindustrialización de toda a provincia de Lugo, pero en especial da comarca da Mariña”. López subliñou o “desgusto” que existe entre os empresarios ante “todo o que está a pasar coa industria, sobre todo o que pasou con Alcoa e con Vestas”.

A patronal lucense lamenta que “non se está dando solución a esta problemática, e é por iso que desde as administracións, tanto Xunta como goberno central, teñen que abordar dunha forma clara e urxente a reindustrialización” da Mariña.

Jaime López lembrou que o peso económico desta comarca é “moi relevante, dado que supón un 30 por cento de achega ao PIB da provincia de Lugo”.

“Ademais, é das zonas máis poboadas e todo ese emprego directo que se perde, como é o caso de Vestas, pode provocar unha perda de emprego indirecto en canto ao comercio”, engadiu o secretario xeral da CEL.

ALCALDE DE XOVE

Respecto de Alcoa, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, calculou que a factoría de aluminio que, en parte, está asentada no seu municipio dá emprego a máis do 70 por cento das persoas en idade de traballar no concello. 

“Esperamos que isto (o apagamento das cubas durante dous anos) non supoña unha afectación a curto prazo na capacidade de consumo, tanto no comercio como na hostalaría”, apuntou o rexedor de Xove. Demetrio Salgueiro expresou que existe “o temor a que non se cumpran as expectativas”, en canto a que se respecte o acordo da multinacional cos traballadores.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...