Xove celebrará as actividades do Entroido co tradicional desfile de disfraces , que se vai desenvolver o sábado 26 de febreiro a partir das 17:00 horas.
-17:00 horas.- Desfile de entroido polas rúas de Xove, con saída do entorno do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. No desfile e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.
-20:00 horas.- Entrega de Premios, na Praza do Centro Cívico, das categorías infantís do Desfile de Entroido.
-22:00 horas.- Actuación, na Praza do Centro Cívico, do Grupo Musical “NUEVA FUERZA“.
–23:30 horas.- Entrega de Premios, na Praza do Centro Cívico, das categorías adultos do Desfile de Entroido.
-24:000 horas.- Continuación da actuación do Grupo “Nueva Fuerza”.
As Bases do gran Desfile de Xove recollen as categorías e premios (4.910 €uros en metálico) seguintes:
PREMIOS EN METÁLICO QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
PREMIOS |
||||
CARROZAS |
COMPARSAS E GRUPOS DE 10 OU MÁIS PERSONAS |
GRUPOS DE ADULTOS DE 3 A 9 PERSOAS |
PARELLAS ADULTOS |
INDIVIDUAIS ADULTOS(de 14 anos en diante) |
1º – 500 E 2º – 350 E 3º – 250 E 4º – 250 E 5º – 200 E 6º – 200 E |
1º – 300 E 2º – 250 E 3º – 200 E 4º – 200 E 5º – 150 E 6º – 150 E |
1º – 130 E 2º – 100 E 3º – 70 E 4º – 70 E 5º – 60 E 6º – 60 E |
1º – 70 E 2º – 60 E 3º – 50 E 4º – 50 E |
1º – 60 E 2º – 50 E 3º – 40 E 4º – 40 E |
-Premio ao disfraz máis orixinal (pode ser tanto individual como colectivo): 30 E. -Premio ao conxunto máis numeroso: 30 E. -Premio ao participante máis maior: 30 E. -O participante máis novo recibirá un agasallo. |
GRUPOS INFANTÍS DE 3 A 9 PERSOAS |
PARELLAS INFANTÍS |
INDIVIDUAIS IFANTÍS (menores de 14 anos) |
|
1º – 130 E 2º – 100 E 3º – 70 E 4º – 70 E 5º – 60 E 6º – 60 E |
1º – 70 E 2º – 60 E 3º – 50 E 4º – 50 E |
1º – 60 E 2º – 50 E 3º – 40 E 4º – 40 E |
Inscrición. A mesma hai que realizala en:
-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 25 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
-O mesmo día do desfile (26 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que os e as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 26 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Quen se inscriba o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.