InicioOccidentalXovePresentado o III Xove Costa Trail que se celebrará entre o 19...

Presentado o III Xove Costa Trail que se celebrará entre o 19 e o 20 de marzo

Esta é unha carreira de montaña que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación ACD Xove presentou o III Xove Costa Trail. Nesta presentación contouse, ademáis dos organizadores, cos alumnos e profesores do CEIP Pedro Caselles, os cales se desprazaron ata Vilachá, na Parroquia de Portocelo, e despois, todos xuntos fixeron unha camiñata ata o Faro de Roncadoiro. Nesta presentación, os nenos participantes mostraron, en solidaridade co pobo de Ucraína, unha gran pancarta cun “NON Á GUERRA”.

A organización desta edición corre a cargo da ACD Xove e co patrocinio do Concello de Xove, hoxe representado pola concelleira Dolores Meitín, e da Secretaría Xeral para o Deporte / Fundación Deporte Galego, e a colaboración de RoqSport, Asociación Komando Xoviético e comerciantes de Xove.

Xove Costa Trail, que se vai celebrar o sábado 19 e o domingo 20 de marzo de 2022, é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público. A carreira XCT 35 Km , ten un desnivel + acumulado de 1300 mtos aprox. e a carreira XCT 18Km , terá un desnivel + acumulado de 700 mtos aprox.

Inscricions:

1.- O primeiro tramo de inscrición será do 14 de Xaneiro as 22:00h. ao 4 de Marzo as 24:00h.

2.- O segundo tramo de inscrición será do 5 de Marzo as 00:00h. ao 15 de Marzo as 00:00h.

3.- Ata o día 28 de Febreiro será devolto o importe da inscrición de xeito integro.

4.- Entre os días 1 e 15 de Marzo, será devolto o 75 %.

5.- Para cancelación de inscrición con devolución , serán aceptadas ata o día 15 de marzo, despois desa data no se tramitará ningunha devolución.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...