InicioOccidentalXoveXove comeza a terceira campaña contra a vespa velutina

Xove comeza a terceira campaña contra a vespa velutina

A campaña da empresa SERPAS en Xove comezou hoxe e vaise extender ao longo da primaveira, ata entrado xullo.

Publicada o

- Advertisement -

A empresa SERPAS (Servicios Privados Antivelutinas) comezou hoxe a terceira campaña antivelutina en Xove. Trátase de trampeo profesional de captura de raiñas velutinas fundadoras, que son as velutinas que crean os niños e son as que hai que erradicar como medida para, senón acabar coa plaga, feito moi difícil, si para diminuir a súa presenza no territorio.

Na primeira campaña, ano 2020, rebaixouse a presenza da velutina a un 50%, na de 2021 a rebaixa chegou ao 80%. Os obxectivos para campaña deste ano sería chegar orredor do 90%, e en todo caso evitar o aumento da mesma, ousexa, traballar para unha estabilización da velutina e que a presenza da mesma sexa mínima.

Lóxicamente, a campaña vai incidir nos lugares onde se ten constancia de que inda hai velutina, e especialmente nos entornos poboacionais e nos lugares de ubicación de frutais. Neste sentido, dende o Concello animamos a toda a poboación a sumarse a esta campaña, o cal axuda moito. Todas as persoas que queiran colabourar poden colocar autotrampas naqueles lugares que consideren, como entornos de vivendas, ubicación de trobos de abellas autóctonas ou plantacións frutais. O Concello reparteu hai tempo entre todos os veciños que o pediron unhas botellas autotrampas, as cales incluían un folleto explicativo de como facelas, o cal é moi sencillo.

A campaña de SERPAS comezou hoxe e vaise extender ao longo da primaveira, ata entrado xullo. Lóxicamente, agora é o momento der facer a campaña, xa que é cando as velutinas comezan a instalar os seus niños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...