O cineasta xovense Xacio Baño acaba de gañar o premio Mestre Mateo a mellor curtametraxe con “Augas abisais”, proxecto que contou coa colaboración e patrocinio do Concello de Xove.
O Concello felicitou a Baño e a todo o equipo de “Augas abisais” por este magnífico galardón, e “tamén por levar con tanto orgullo, polo mundo adiante, o nome do noso Concello”.
A curtametraxe Augas Abisais é unha peza cun potencial percorrido internacional polos festivais de cinema de máis prestixio do mundo, co VALOR que iso supón en termos de comunicación. O impacto en Redes Sociais e prensa xerado pola participación da peza no circuito de festivais de proxección nacional e internacional, implica o RETORNO en termos de VISIBILIDADE, PRESTIXIO E VALOR CULTURAL seguro. É polo tanto, unha oportunidade de PROXECCIÓN DA IMAXE DE XOVE A NIVEL NACIONAL E INTERNACIONAL.
A peza Augas Abisais fala da memoria colectiva familiar, e pescuda en lembranzas e relatos transmitidos de xeración en xeración por veciños de Xove. RESCATA UN PATRIMONIO INMATERIAL que, levado ao cinema, permanecerá vivo para sempre.