InicioOccidentalXoveA unidade móbil de "Coidados Porta a Porta" para maiores de 55...

A unidade móbil de “Coidados Porta a Porta” para maiores de 55 anos chegará a Xove o día 4 de abril

Todas as persoas interesadas en participar neste programa poderán reservar a súa cita no teléfono 622748283, ou ben pasarse polo departamento de Servizos Sociais do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

Os vindeiros días 4, 5 e 6 de abril o Concello de Xove vai recibir a unidade móbil do programa “COIDADOS PORTA A PORTA” promovido dende a Consellería de Política Social.

Este programa ofrece servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, para maiores de 55 anos, que poderán acceder gratuitamente aos diferentes servizos que se ofertan no programa.

– Servizo de Audioloxía , consistente nunha revisión e valoración auditiva.

-Servizo de Podoloxía para prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés.

-Servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, consistente en realización de probas de valoración cognitiva.

Todas as persoas interesadas en participar neste programa poderán reservar a súa cita no teléfono 622748283, ou ben pasarse polo departamento de Servizos Sociais do Concello.

O día 4 de abril, as dez da mañá no Salón de Actos do Concello, haberá unha charla onde se explicará como se vai desenvolver o programa dentro do noso Concello

A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida e estará situada na praza do Concello, dende as 9 da mañá ata as 8 da tarde, en horario continúo, durante os días 4, 5 e 6 de abril.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...