O noso Concello continúa co seu plan de loita contra as velutinas. Neste sentido, asinouse hai dous anos un convenio coa Empresa SERPA (Servicio Privados Anti-Velutina) que reduxo nun 80% os niños de velutina. Este ano, terceiro da campaña, a empresa instalou polo Concello unhas 1.500 trampas geolocalizadas co fin de chegar este ano ata unha reducción de cerca do 90 % desta especie agresora. Neste sentido, o termo municipal está cuberto cunha verdadeira rede de trampas.
Cabe sinalar que esta campaña realízase durante tres meses na primavera, do 15 de marzo ao 15 de xuño, e está orientada a capturar as raíñas de velutina, xa que son elas as que crean os niños. A campaña non está orientada a capturar as velutinas normais, son as raíñas o obxectivo, xa que sen raíñas non hai velutinas.
Se o anterior é importante, para continuar con esta loita de erradicación tamén hai que ter en conta á poboación local, a cal pode axudar moito a esta loita colocando as súas propias trampas. Con este fin, personal da empresa SERPA desprazouse hoxe ao noso Concello e, aproveitando que é día de mercado, instalou un posto no cal se repartiron gratuitamente trampas a todos os veciños que se interesaron. Xunto coas botellas-trampa que se entregaron, o personal da empresa explicou o funcionamento das mesmas e como construílas; xunto con cada botella iba un folleto explicativo, no que se incluían 2 receitas ou mezclas de líquido para captura delas:
Mezcla 1: 1 litro de zumo de arándanos + 1 bote de cervexa negra con alcohol.
Mezcla 2: 1 litro de auga + 1 pocillo de azúcar + 25 gramos de levadura de panadería.
Todo isto ten unha dobre vertente medio ambiental:
-Por unha banda, a eliminación de raiñas e de velutinas contribúe á conservación dos nosos ecosistemas.
-A utilización de botellas-tampa, para cuxa construcción se poden usar botellas de plástico, contribúe tamén ao reciclaxe, xa que lle estamos dando unha segunda vida a esas botellas, que poden ser usadas durante moito tempo para este fin, basta só con renovárllelo líquido.