Un grupo da Asociación Saúde Mental da Mariña fixo hoxe entrega ao noso Concello dun lote de libros de “a Super_Acción de Mauricio”, nun acto no que participaron uns 25 membros da Asociación acompañados por varios tecnicos.
O citado libro, que ten unha preciosa factura, foi elaborado coa participación dos membros da Asociación a quen o Concello agradeceu o presente.
O Concello destacou tamén o enorme labor que fai a Asociación no seu traballo diario con este grupo de persoas, potenciando a creatividade de todos eles.