O Concello dispón de hai bastantes anos dun Aula Informática, ubicada dende sempre nun local da OMIX, na cal se levan organizado multitude de cursos informáticos de todo tipo, tanto para xoves como para adultos. Ademáis úsase a diario para que os rapaces poidan realizar os seus traballos e tamén conectarse.
Os equipos anteriores estaban obsoletos para as novas demandas da rede e das necesidades informáticoas, de aí que o Concello decidira substituír os vellos ordenadores por uns novos. Estes últimos días procedeuse á renovación completa e hoxe xa lucen os 8 novos ordenadores de 22 pulgadas instalados, acompañado cada ordenador dunha serie de artilugios como poden ser os discos SSD.