O programa de voluntariado xuvenil “Mañáns Activas” do Concello de Xove, comezou esta semana coa supervisión das dúas técnicas de xuventude e a colaboración de catro persoas voluntarias que faran actividades de lecer como manualidades, informática, xogos, etc. cun grupo de 38 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos, durante as mañáns de xullo e agosto de luns a venres.
O grupo de “Mañáns Activas” tamen gozará de actividades deportivas como balonmán e baile moderno e de actividades na natureza con Roq Sport e A Balea Verde.