Xornada arqueolóxica para o venres 15 de xullo en Xove

Escavación en San Tirso de Portocelo. AXM

O Concello de Xove, dada a importancia de moitos dos seus recursos arqueolóxicos, e a campaña de sondaxes e posta en valor iniciada no xacemento de San Tirso de Portocelo no ano 2020, continúa cos labores de divulgación do seu patrimonio coa organización da Xornada Arqueolóxica do próximo venres 15 de xullo. Os relatorios serán os seguintes:

19:00h-20:00h. Presentación da publicación A memoria da paisaxe, a cargo de Sergio Pereira, arqueólogo membro de NOSO cooperativa, autores da mesma.

20:00h-21:00h. Presentación dos resultados da I Fase da Escavación do Xacemento de San Tirso de Portocelo, a cargo de David Fernández Abella, arqueólogo director da intervención.

21:00h. Clausura da Xornada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here