InicioEconomíaClausura do VIII Obradoiro de Emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove

Clausura do VIII Obradoiro de Emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove

Contou cun orzamento duns 360.000 €uros, financiados pola Xunta de Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

Coa presenza do Delegado Provincial da Xunta, os alcaldes de Xove e Cervo e a Concelleira de Medioambiente de Burela, hoxe clausurouse este obradoiro na súa VIII edición.

Contou cun orzamento duns 360.000 €uros, financiados pola Xunta de Galicia. Dentro dos traballos realizados, desglosados por concello, temos:

Xove. Especialidade de xardinería, contou con 7 alumnos. Traballos realizados:

-Acondicionamento do Parque Centro Cívico.

-Poda de árbores de Palmeiro e Xove.

-Limpeza e desbroce da Senda “Ruta dos Muiños”.

-Acondicionamento do entorno do Centro Social de San Cristovo.

-Acondicionamento da Área de Autocaravanas da Praia de Esteiro.

-Acondicionamento do Parque Etnográfico da Baleeira de Morás.

Cervo. Especialidade de xardinería, contou con 6 alumnos. Traballos realizados:

-Acondicionmento e mantemento de parques e xardíns dos núcleos de Cervo e San Cibrao.

-Mantemento da Área Sargadelos (Conxunto Histórico Artístico).

-Creación de xardfíns secos no Parque Reina Sofía de San Cibrao.

-Mantemento da zona da Antiga Fábrica de Salazón e entorno da Ponte Medieval.

Burela. Especialidade en pintura e revestimentos, contou con 7 alumnos. Traballos realizados:

-Acondicionamento integral interior da Casa de Cultura de Burela.

-Traballos de impermeabilización de fachada e pintado da mesma na antiga Biblioteca de Burela.

-Pintado, barnizado e mantemento xeral do mobiliario urbán do núcleo de Burela.

A nivel de persoal, o Curso contou con 20 alumnos, 3 monitores, 1 administrativo e 1 director.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Alfoz presenta a súa programación de Nadal

Alfoz presenta a súa programación para este mes de decembro e abre coa Programación...